Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Desenvolvemento Local Abertas as listas previas de contratación do SEAGA e a convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral
Abertas as listas previas de contratación do SEAGA e a convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Decembro 2014 09:47

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase de que continúan abertas as listas previas de contratación do SEAGA e a convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral:


- Listas previas de contratación do Seaga para os seguintes postos: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola, enxeñeiro de camiños, canles e portos; enxeñeiro técnico de obras públicas, arquitecto, arquitecto técnico, capataz, xefe de brigada,
maquinista - conductor, peón especialista, peón, oficial administrativo e auxiliar administrativo. O prazo inscrición nas listas ou actualización de méritos: do 1 ó 22 de decembro, ambos inclusive. Más información nos seguintes links: http://www.epseaga.com/pdf/ofertas_emprego_2010/actualizacion/Abre_listas_2014.pdf e http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php

- Convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para as seguintes prazas:
Un total de 2.110 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
* Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas
* Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas.
* Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
* Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
* Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
* Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.
* Información xuvenil (SSC567_3): 50 prazas.
* Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas.
* Transporte sanitario (SAN025_2): 200 prazas
O prazo de inscrición será de 30 días naturais (ata o día 03 de xaneiro) para todas as competencias, a excepción de extinción de incendios e salvamento (SEA129_2) e transporte sanitario (SAN025_) que sería dende o 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2015, ambos os dous inclusive. Máis información en http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/reconecemento_experiencia_profesional/2014_resolucion_nova_convocatoria_rexp_gl.pdf

 

Oficina Municipal de Desenvolvemento Local

Praza do Concello, 1 1º

Tlnos. 988.41.00.00 988.41.00.01

Móbil 608.520122 609.152208

Fax. 988.41.19.00

Correo Electrónico: adl@verin.net


?>