Mostra ‘Estímulos Contemporáneos’ |
Venres, 06 Marzo 2009 13:29 |
A Casa do Escudo de Verín acolle, dende hoxe ata o 23 de marzo, Estímulos Contemporáneos, unha exposición colectiva de artistas lusos contemporáneos.
Alfredo Cabeleira, Augusto Canedo, A. Pizarro, Carina Nascimento, Helder Carvalho, Joâo Pedro Rodrigues, Joâo Pessanha, Marco Costa, Margarida Leâo, Muchagata, Nuno Duque e Pedro Rodrigues únense para transmitir aos espectadores, a través de trazos e cores, a procura da razón e emoción dunha experiencia visual capaz de mostrar novos motivos do universo creador. A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas. |