Mércores, 18 Marzo 2009 19:07 |
Un grupo de 15 alumnos do 5º ano de Planeamento do Territorio e Urbanismo do Instituto Politécnico de Tours (Francia), xunto con outros dous alumnos franceses do doutorado en cooperación transfronteiriza, e cinco estudantes portugueses de Enxeñería Civil da Universidade do Porto, visitaron a Eurocidade Chaves-Verín durante a semana pasada. A visita tivo lugar no ámbito dun traballo sobre cooperación territorial e cooperación transfronteiriza que os estudantes franceses están a desenvolver.
Ademais de recibir información directa sobre os obxectivos de actuación previstos na súa Axenda Estratéxica, os estudantes tiveron a posibilidade de coñecer en detalle o proxecto da Eurocidade, así como o territorio.O Secretariado Técnico felicitou aos estudantes, pois sen coñecer ainda o proxecto in situ, elaboraron un traballo de moito nivel, que agora completarán tras a sua estancia na Eurocidade
|