Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Abre ArtVerín, escaparate dos artistas locais
Abre ArtVerín, escaparate dos artistas locais PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Marzo 2009 12:12
A Casa do Escudo de Verín acolle até o día 11 de abril, sábado de Paixón, ArtVerín, exposición de artes plásticas organizada polo Concello de Verín na que participan vintecatro pintores, escultores e fotógrafos da  nosa comarca. A exposición inaugúrase o xoves día 26 de marzo, ás 20.15 horas, nun acto no que se prevé a participación do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, membros dos grupos políticos municipais, persoas representativas dos sectores empresarial e asociativo da comarca e persoas vinculadas ao sector das artes plásticas.

Vintecatro obras, unha elixida libremente por cada autor como máis representativa da súa creación actual,  compoñen esta mostra exemplo de pluralidade. A diversidade de estilos, técnicas, materiais e soportes que caracterizan á arte actual está reflectida na forma e nos materiais cos que os artistas seleccionados tratan temáticas diversas, aínda que predomine a paisaxe e a figuración. Óleos, acrílicos ou pasteis, sobre lenzo, papel ou madeira, forman parte da variedade de materiais e soportes utilizados polos pintores. En escultura, podemos encontrar traballos sobre madeira, metal ou materiais reciclados. Os fotógrafos preséntannos obras en branco e negro ou a cor, con predominio das técnicas tradicionais de revelado.

Artistas que expoñen

Alvárias, Andrea, Anxos Borjas, Aurora López, Beny, Beni Lorenzo, Carlos L. Serrano, Flor Fernández, Julio Pousada, Koro Miravete, Leonardo, Luis Somoza, Luz Novoa, M. Fornos, Marilar Salgado, Maritina, Marisa Pardo, Maribel Trujillo, Pedro Araujo, Rosa, Rojas, Sindo,Víctor Rodríguez e Xose Ramón Reigada.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>