Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concerto de Emilio Rúa e Roger de Flor
Concerto de Emilio Rúa e Roger de Flor PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Marzo 2009 18:58
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 27 de marzo, a partir das 20.15 horas, a actuación acústica dos cantautores Emilio Rúa e Roger de Flor, que presentarán os discos Vida Miña e Naturalidad Silvestre, respectivamente.

Este concerto, organizado pola Sociedade de Xestión do Xacobeo en colaboración co Concello de Verín, atópase englobado na cuarta edición do programa ‘Vai de Camiño 2009,’ que naceu para promover iniciativas artísticas adaptadas aos espazos cubertos dispoñibles nos concellos polos que transcorren as diversas rutas xacobeas.

Emilio Rúa

Un cantautor que principou a súa carreira musical sendo un neno, formando parte da agrupación familiar Concorde Atenea que foi fundada polo seu propio pai en Ourense. Na V Mostra Nacional de Canción de Autor de Ceutí (Murcia) e no certame de Xoves Cantautores de Elche premiaron os seus esforzos con dous galardóns, que permitiron relanzar a súa produción artística en galego. Unha labor que lle permitiu compartir cartel con cantautores como Ismael Serrano e Pedro Guerra e presentar este segundo disco: Vida Miña.

Roger de Flor

Tras principiar a súa carreira no grupo de rock ferrolán Bang 74 e no dúo La Sociedad Protectora del Hombre Mono, De Flor comeza a súa andaina en solitario a principios do 2007 coa presentación da súa primeira maqueta Canciones de amor y retranca. Tras percorrer Galicia presentando este primer traballo, con gran acollida de crítica e público, retírase temporalmente dos directos para participar na gravación de varios videoclips e novas creacións, incluídas no disco Naturalidad Silvestre.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>