Curso de patrón de navegación básico |
Mércores, 15 Abril 2009 12:33 |
A Casa da Cultura de Verín acolle o próximo 17 de abril, a partir das 20.30 horas, a presentación do curso de patrón de navegación básico organizado pola Academia Náutica Estelas, en colaboración coa área da Xuventude e Deportes do Concello de Verín. Para participar en devandito curso, de 20 horas de duración, é necesario inscribirse nos teléfonos 988-221166 e 609-834414. |