Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Modificación da ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar
Modificación da ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Abril 2009 11:04

O Concello de Verín levará ao Pleno, do próximo día 27 de abril, a nova ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar. Isto é así por imperativo legal, xa que a Xunta de Galicia da un prazo de seis meses para que todos os concellos galegos adapten as súas ordenanzas municipais ao novo regulamento, que está condicionado pola Lei de Promoción de Autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia (Lei da Dependencia).

O Servizo de axuda no fogar é unha prestación básica que ten por obxecto prestar un conxunto de atencións  persoais e domésticas, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar. Estas actuacións lévanse a cabo no propio domicilio das persoas ou familias que se atopan nunha situación de incapacidade ou dependencia, procurando a permanencia no seu entorno o maior tempo posible e cunha maior calidade de vida.


Devandita prestación, facilitada por profesionais cualificados, aséntase nas seguintes atencións: carácter persoal -asistencia para mobilización, aseo, alimentación e control da medicación-, doméstico -mantemento da hixiene da vivenda, preparación de alimentos e orde doméstico-, psicosocial ou educativo. Ademais, pode incluír outros servizos complementarios como teleasistencia, fisioterapia, podoloxía, Xantar na Casa ou transporte adaptado, entre outros.  
De xeito particular, este servizo atende a persoas maiores con límites de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente aos que carecen de apoio persoal no seu contorno inmediato, coa finalidade de favorecer a súa permanencia no domicilio.  Tamén fai especial fincapé no apoio a familias con menores ou en situación de exclusión social, como medida preventiva e socializadora.


As novidades con respecto a antiga ordenanza son, por unha parte, que as persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia terán prioridade no acceso ao servizo, xa que se configura como un dereito subxectivo recoñecido a través de devandita lei e; pola outra parte, nesta nova ordenanza contémplase a participación dos/as usuarios/as no pagamento deste servizo, que se calculará en función da súa capacidade económica, aportando porcentaxes pequenas do custe do servizo ou incluso quedando exentos do pago.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>