Exposición didáctica ‘Galicia, biodiversidade’ |
Luns, 27 Abril 2009 09:53 |
Ata o próximo 2 de maio, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición ‘Galicia, biodiversidade’, organizada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en colaboración co Concello de Verín.
Devandita mostra, presentada mediante paneis e DVD’s, busca transmitir aos visitantes a diversidade dos ecosistemas, especies e variedades xenéticas existentes en Galicia; así como, conciencialos sobre a importancia da conservación da natureza. Para iso, conta cun educador ambiental que se encarga das visitadas guiadas programadas para grupos, e que na actualidade conta con un total de vinte e cinco, procedentes de diferentes centros educativos do municipio, como o colexio María Inmaculada, CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo e Centro Socio-Comunitario de Verín. A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas. |