Almorzos e merendas saudables no programa ‘Concellos Saudables’ |
![]() |
![]() |
![]() |
Martes, 02 Xuño 2009 12:31 |
O Concello de Verín, no marco do programa ‘Concellos Saudables’ financiado pola Consellería de Sanidade, pon en marcha as seguintes actividades:
- Almorzos saudables, unha hora antes do comezo do horario escolar, non CEIP Princesa de España, Educación Infantil Amaro Refojo, CEP Amaro Refojo e CPR María Inmaculada. - Merendas saudables, unha hora despois do remate do horario escolar, nas escolas unitarias de Pazos e Feces de Abaixo. Para participar nestas actividades, para nenos con idades comprendidas entre os 3 e 11 anos, é necesario inscribirse no centro de ensino correspondente ou na oficina de Educación Familiar (Casa da Xuventude -Avda. de Portugal, 11 bis- ou no teléfono 988-414776). Con estas actuacións, efectuadas por profesionais, o Concello de Verín pretende fomentar unha política promotora da saúde, que impulse a participación comunitaria, que promova ambientes onde sexa máis fácil practicar comportamentos e estilos de vida saudables, a través da boa alimentación e da práctica regular do deporte, e que cree estruturas funcionais que poidan dar continuidade ás liñas estratéxicas establecidas nos “Programas de Promoción da Vida sen Tabaco e de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación” (Programa PASEA) da Consellería de Sanidade, que facilitan o logro de obxectivos do Plan de Saúde de Galicia 2006-2010. Este proxecto participativo de carácter social, educativo, e familiar, no que se establecen lazos cooperativos, xurde como consecuencia dos malos hábitos nos que está a caer a poboación de Verín en xeral. As diferentes áreas de actuación nas que se divide o programa son: promoción da vida sen tabaco, alcohol e outras drogas, promoción dunha alimentación equilibrada e saudable e promoción da actividade física para mellorar a saúde. |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |
![]() | Programa de Educación Familiar |
Teléfono da Infancia |
900.333.666 |
Servizo do Menor |
988.38.66.21 |
Gabinete de Orientación Familiar |
988.38.61.28 |