Andaina na Ruta do Pozo do Demo |
Martes, 23 Xuño 2009 11:10 |
O Concello de Verín organiza para o próximo 27 de xuño unha andaina pola Ruta do Pozo do Demo.
A saída terá lugar ás 9.30 horas dende o Pavillón de Deportes, ubicado na rúa Irmáns Moreno, e os asistentes, que deben acudir con roupa deportiva e calzado cómodo, poderán optar na mesma polo circuíto pequeno ou o grande. Devandita ruta, que consta de dúas variantes, parte da rúa Infistela -xunto a glorieta Canella Cega- e posúe un percorrido conxunto de tres quilómetros. A partir dese punto, o camiñante ten dúas alternativas: circuíto pequeno -de aproximadamente dous quilómetros e dificultade baixa- e o grande -de aproximadamente 6,2 quilómetros e dificultade media-. Este último conduce cara o entorno natural do Pozo do Demo e o mirador do mesmo nome. Para participar nesta actividade, enmarcada no programa Concellos Saudables, é necesario inscribirse, antes do 26 de xuño ás 12 horas, na Piscina Climatizada ou na oficina de información do Concello de Verín. |
|
Rúa Irmáns Moreno,13 988.41.11.40 pabellon@verin.net |