Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Festival Via Stellae organiza en Verín dous concertos da súa cuarta edición
O Festival Via Stellae organiza en Verín dous concertos da súa cuarta edición PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Xullo 2009 11:33
Verín acolle dous concertos desta edición 2009 do Festival Via Stellae que promove a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Ambos terán lugar, coa colaboración do Concello de Verín, senllos venres do mes de xullo na Igrexa dos Mercedarios. Protagonistas do primeiro son o tenor Juan Sancho e o grupo Ars Atlántica que dirixe o arpista compostelán Manuel Vilas (fundador desta agrupación que actuou por primeira vez en público o ano pasado no Festival Via Stellae) e que presentan en Verín (venres 3 de xullo) a segunda entrega da recuperación que Manuel Vilas está a facer do Manuscrito Guerra: colección de tonos humanos que se conserva na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago e que a prestixiosa multinacional Naxos comezará a publicar proximamente en colaboración co Via Stellae. O segundo concerto é un recital do guitarrista Marcos Díaz (nado en Brasil pero que reside en Ourense dende a súa mocidade) que baixo o título “A guitarra a través do tempo” interpretará un variado programa con obras de Sor, Bach, Rodriguez, Schubert e Barrios na Igrexa dos Mercedarios de Verín (venres 17 de xullo).
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>