O Concello de Verín pretende a declaración de Municipio Turístico' |
![]() |
![]() |
![]() |
Mércores, 11 Xuño 2008 09:31 |
Devanditas enquisas, anónimas respecto da súa identidade e ao local visitado, ofrecerán datos referentes ao turista e ás características deste. Ademais, estes cuestionarios realizados en tempada alta -xuño, xullo, agosto e setembro-, Entroido e Semana Santa permitirán coñecer aos nosos visitantes e promover un mellor servizo.
Esta iniciativa, xunto con outras que se están realizando desde o Concello de Verín, como son a solicitude da declaración do Entroido como Festa de Interese Turístico Nacional, premios gastronómicos, certificación de calidade na Oficina de Turismo ou accións promocionais diversas teñen como obxectivo conseguir unha imaxe de Verín como destino turístico, tanto no público en xeral como en inversores potenciais. Desde o Concello agradécese a colaboración dos empresarios do sector nesta iniciativa.
|