O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas na doazón de sangue |
![]() |
![]() |
![]() |
Mércores, 05 Agosto 2009 09:40 |
O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG ), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 40.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades.
As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG a : Praza Maior XOVES, 6 de AGOSTO De 10 ás 14.00 e de 16.30 ás 21.00 horas VENRES, 7 de AGOSTO De 16.30 ás 21.00 horas Mediante esta iniciativa, que se está a desenvolver este verán en máis de 200 Concellos, preténdese mellorar a información sobre este acto altruísta. O Concello de Verín e o CTG amosan o seu agradecemento a tódolos veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde. O pasado ano 2008 houbo 971 doazóns no noso Concello, o que fixo que Verín sexa un ano máis un dos concellos máis solidarios de Galicia acadando o índice recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS). |