Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O NoiteBús modifica o seu horario na liña Verín-Xinzo de Limia-Allariz
O NoiteBús modifica o seu horario na liña Verín-Xinzo de Limia-Allariz PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Setembro 2009 15:35

A liña Verín-Xinzo de Limia-Allariz do servizo de NoiteBús modifica o seu horario a partir do mes de outubro, establecéndose os seguintes horarios de saída ás 23.45 horas e 2 da madrugada (desde Verín), e os de regreso ás 00.45 horas e 3 da madrugada (desde Allariz).

Este servizo ofertado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración co Concello de Verín, realízase durante os fins de semana e festivos, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de transporte a lugares en datas e horarios vinculados ao tempo de lecer, e así reducir a sinistralidade nas estradas. Coa finalidade de fomentar o seu uso, o prezo dos billetes é de dous euros, ida e volta, que dará dereito á utilización sen límite de veces do servizo ao longo da mesma xornada.


    As rutas existentes na comarca de Verín son as seguintes:

* Verín - Xinzo de Limia - Allariz. Os horarios de saída son ás 23.45 horas e 2 da madrugada (desde Verín), e os de regreso ás 00.45 horas e 3 da madrugada (desde Allariz). As paradas que se efectúan son Verín, Pazos, Vilaza, Albarellos, Guimarei, Rebordondo, As Estivadas, Viladerrei, Trasmiras, Abavides, Porto Alto, Xinzo de Limia, Sandiás, Novaíño, Piñeira de Arcos e Allariz.

* Oímbra – Verín. Os horarios de saída son ás 22.30 e 24 horas (desde Videferre), e os de volta ás 23.30 e 06.30 horas (desde Verín). As paradas que se realizan son Videferre, Espiño, Bousés, Casa dos Montes, A Granxa, As Chas, Oímbra e Verín.

* A Gudiña – Riós – Verín. Os horarios de saída son ás 22 e 24 horas (desde A Gudiña), e os de retorno ás 23 e 6.30 horas (desde Verín). As paradas que se efectúan son A Gudiña, Erosa, San Lorenzo, Navallo, Riós, Vendas da Barreira, San Cristovo, A Trepa, Fumaces e Verín.

* Vilardevós – Verín. O horario de saída é ás 23 horas, desde Terroso, e o de regreso ás 6 da madrugada, desde Verín. As paradas que se realizan son Terroso, Vilarello, Arzádegos, Enxames, Vilardevós e Verín.

En Verín, tanto a saída como o retorno do Noitebús, efectúase na Estación de Autobuses.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>