Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Organización da 'Semana da Educación e Seguridade Viaria na Eurocidade Chaves-Verín' PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Outubro 2009 13:15

Dende o día 13 ata o 16 de outubro, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a Semana da Educación e Seguridade Viaria, co fin de mostrar actuacións conxunta aos cidadáns das dúas poboacións, en materia de educación e seguridade viaria.


O obxectivo final desta actividade é a firma conxunta da Carta Europea de Seguridade Vial dos municipios de Chaves e Verín, impulsada pola Comisión Europea, para desenvolver accións concretas no entorno de Chaves e Verín, que reduzan o número de vítimas de accidentes de tráfico.

As Semana da Educación e Seguridade Vial no ámbito transfronteirizo é un proxecto de colaboración transfronteiriza, na que colaboran a Jefatura Provincial de Tráfico, Agrupación Guardia Civil de Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Policía de Segurança Pública e Guardia Nacional Republicana de Portugal.  As xornadas van dirixidas a persoal docentes de colexios, así como a outros colectivos como taxistas.

Celebraranse de forma conxunta charlas-coloquio, así como xornadas prácticas, que inclúen actividades con karts, exhibicións de cans, exposicións de materiais didácticos sobre seguridade viaria entre outros, nos que poderán participar de forma activa os colexios das dúas cidades.

 
?>