Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Home
Chaves e Verín asinan a Carta Europea de Seguridade Viaria PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Outubro 2009 19:24

O presidente da Cámara Municipal de Chaves, João Batista, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán asinaron esta mañá a Carta Europea de Seguridade Viaria, impulsada pola Comisión Europea co fin de reducir o número de vítimas de accidentes de tráfico.

Esta actuación permitirá desenvolver accións concretas, entre os municipios de Chaves e Verín, no ámbito da educación e seguridade viaria como son: realización de charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónica, mantemento e reposición de sinais de tráfico e sobre todo, repetir en anos posteriores, a ‘Semana da Seguridade e Educación Viaria’ na Eurocidade Chaves-Verín.

Nesta actividade participaron a Dirección General de Tráfico, Jefatura Provincial de Tráfico, Agrupación Guardia Civil de Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Policía de Segurança Pública e Guardia Nacional Republicana de Portugal. E a través da realización de charlas-coloquios e xornadas prácticas, como exposicións, exhibicións de medios, teatro ou actividades con karts, mostráronse actuacións conxuntas en materia de educación e seguridade viaria aos cidadáns das localidades de Verín e Chaves.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>