Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a actuación musical de “Medela Cuarteto Latin Jazz”
O Auditorio de Verín acolle a actuación musical de “Medela Cuarteto Latin Jazz” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Abril 2021 10:56

 O Concello de Verín, a través da  REAOU ( Rede de Auditorios de Ourense) da  Deputación de Ourense, trae ao Auditorio Municipal a actuación musical de “Medela Cuarteto Latín Jazz”.


O concerto, que terá lugar o sábado 24 de abril ás 12:00 horas, será de carácter  gratuíto. As persoas interesadas en reservar entrada poderán facelo a partir do xoves 22 de abril no propio Auditorio Municipal (horario: 17:00 a 20:00 horas).

Pablo Añón prestixioso saxofonista do panorama internacional, únese a un trío consolidado como músicos residentes no Café Latino de Ourense, templo do jazz galego. Este trío encabezado por Alfonso Medela pianista e compositor, fórmano Luís Vivas, un baterista versátil en todos os estilos de música moderna, xunto con Tabarés, un dos pioneiros do jazz en Galicia.

Este cuarteto ofreceranos unha visión máis ampla e pedagóxica dos diferentes estilos da música moderna, penetrándonos na música latina e no jazz.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>