Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Tres mil persoas convocadas a un cribado en Verín o sábado 1 de maio
Tres mil persoas convocadas a un cribado en Verín o sábado 1 de maio PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Abril 2021 14:59

 A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convocará esta semana a 3.000 veciños e veciñas do concello de Verín a un cribado poboacional, selectivo e aleatorio, entre persoas dos 16 e aos 74 anos, co obxectivo de detectar casos positivos asintomáticos entre a súa poboación e limitar a transmisión.



O concello de Verín está a experimentar un gradual incremento dos casos activos, cun índice  acumulado a sete días de 117 casos activos, moi superior á media da Área Sanitaria de Ourense, con 43 casos (por cen mil habitantes) a sete días e 80 a 14 días. Actúase así preventivamente, para limitar os contaxios e afondar no coñecemento da  súa situación epidemiolóxica, a día de hoxe con 23 persoas coa enfermidade en activo en Verín.

O cribado será este sábado 1 de maio, onde están convocadas 3.000 persoas para realizarse unha PCR na Lonxa Agropecuaria e contribuir a cortar a transmisión, coa súa colaboración a participar na mostraxe.

A importancia de colaborar

As persoas seleccionadas serán convocadas, como é habitual, por medio dunha mensaxe de SMS, na que se lles indica a hora e o lugar da mostraxe. Neste senso, lémbrase  novamente a importancia de manter os datos de contacto actualizados, ademais de comprobar estar dado de alta no sistema de mensaxería telefónica do Sergas. Igualmente, prégase dar apoio aos achegados de maior idade, ou dificultades coas novas tecnoloxías, para comprobar se reciben o SMS de invitación.

Ademais de por esta vía, pode comprobarse a convocatoria ao cribado na seccion de cita previa de atención primaria, entrando neste apartado da páxina do Sergas, no que  aparecerá a cita de estar seleccionado.

Coma sempre, a proba será voluntaria, non si, hai que lembrar a todos e todas as convocadas a importancia da súa participación, xa que, de estar contaxiado sen síntomas, ou cando estes pasan inadvertidos, podese estar contribuindo a extensión dos contaxios co risco de afectar gravemente a saúde das persoas que nos rodean, asi como a retrasar a recuperación da normalidade do conxunto do noso concello ou bisbarra.

Por elo, anímase a todos e todas as convocadas a participar respectando as instrucións, en canto a horarios e medidas de protección e, por suposto, non acudir en caso de non estar citados; estar en illamento por un diagnóstico positivo ou estar en corentena por ser contacto estreito dun positivo.

Igualmente, estas mostraxes non se deben confundir coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos a COVID-19, que continúan a realizárse por outra vía. Neste caso, trátase de facer probas a persoas sanas e sen síntomas, precisamente para obter unha imaxe da evolución epidemiolóxica, nun tempo e espazo determinado.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>