Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de medio centenar de alumnos dos centros educativos de Verín participaron na videoconferencia de Francisco Narla sobre a Novela Historica
Máis de medio centenar de alumnos dos centros educativos de Verín participaron na videoconferencia de Francisco Narla sobre a Novela Historica PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Abril 2021 13:45

 Esta mañá, tivo lugar videoconferencia "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa; Presentación da última novela: "Fierro", impartida polo escritor Francisco Narla. Na mesma participaron un total de sesenta alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite e CPR  María Inmaculada.


Durante máis de media hora, o escritor Francisco Narla faloulles aos escolares, dunha maneira amena e próxima sobre as singularidades da Novela Histórica. O autor tamén lles presentou ao alumnado o seu último libro, Fierro, unha novela histórica ambientada nos tempos da Reconquista.

Videoconferencias temáticas

Este evento forma parte do programa de videoconferencias temáticas online,  organizado pola Biblioteca Municipal de Verín, teñen como primeiro público aos alumnos e alumnas de centros escolares da vila, impartense en horario matinal e teñen unha duración de, aproximadamente, 30 minutos. Posteriormente, ás charlas están a disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.

Próximas Videoconferencias temáticas

Novela Negra/Misterio

7 Maio: Domingo Villar (Escritor e xornalista): "De ollos de auga ata o Último barco: A serie de Leo Caldas". 

21 Maio: Ledicia Costas (Escritora e Avogada): Presentación do libro Infamia.

3 Xuño: Eva Mejuto (Escritora): Presentación do libro "Memorias do silencio". (Finalista Premios da Crítica de Galicia).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>