Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O obradoiro de guion de cinema que se desenvolverá no marco do FIC Vía XIV de Verín completa o seu aforo
O obradoiro de guion de cinema que se desenvolverá no marco do FIC Vía XIV de Verín completa o seu aforo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Maio 2021 13:25

O obradoiro de guion de cinema, que estará impartido por Ángel Manzano, vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas e presidente do Foro da Asociación de Guionistas Audiovisuais, no marco da VI edición do FIC Vía XIV de Verín vén de completar o seu aforo e presenta xa listaxe de espera.

Trátase dunha iniciativa que estaba aberta a todas as persoas, de calquera idade, interesadas en contar unha historia e estruturarase en tres fases como unha actividade paralela no marco do desenvolvemento do FIC Vía XIV.

A idea final é que os participantes coñezan e interioricen as claves para levar a cabo “con solvencia” un traballo de guion no ámbito audiovisual, tal e como destaca o director do Festival de Curtas de Verín, Carlos Montero.

Ante o éxito da iniciativa, que completou as súas prazas nun tempo récord, “a organización do Festival comprométese a realizar máis actividades temáticas en vindeiras edicións do certame”, sinala Montero.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>