A “Escola de Verán 2021” do Concello de Verín abre o prazo de inscrición |
Luns, 31 Maio 2021 11:34 |
Dende a Área de Mocidade do Concello de Verín organízase, un ano máis, o programa deportivo "Escola de Verán" e infórmase que a partir do 1 de xuño ábrese o seu prazo de inscrición. A “Escola de Verán” é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumple a súa 23ª edición e que se desenvolverá desde o xoves 1 de xullo ata o martes, 31 de agosto, destinada a un máximo de 200 menores nados dende o 2007 ata o 2017. As actividades que conforman este programa deportivo estarán organizadas baixo as estritas medidas de seguridade Covid-19 que marquen as autoridades sanitarias en cada momento. Este ano, como principal novidade, a organización amplirá o seu horario con finalidade de adaptarse, na medida do posible, ás necesidades de conciliación laboral que teñen as familias. Deste xeito, a Escola de Verín desenvolverase de luns a venres, dende as 09.00 ás 14.00 horas. As modalidades de participación serán as seguintes: - Grupo Xeral de 3 días/semana (luns-mércores-venres) * Idades: 4 a 14 anos. Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa. Actividades: xogos predeportivos, rotas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas.
Idades: 7 a 14 anos. Lugar: Preferentemente no Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa. Actividades: actividades deportivas de fútbol, fútbol-sala e acuáticas ao aire libre.
Idades: 4 a 14 anos. Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa. Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, teatro, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas
- Grupo Mixto de 5 días/semana (luns a venres) * Idades: 7 a 14 anos. Lugar: Pavillón Municipal de Deportes/Polideportivo A Garnxa e piscinas de A Granxa. Actividades: Combina a asistencia ao grupo de fútbol/fútbol sala (luns, mércores e venres) e o grupo xeral (martes e xoves). (*) O primeiro día da escola de verán (1 de xullo) farase unha xuntanza informativa para os pais de todos os participantes no Pavillón de Deportes ás 09.00 horas. Ao rematar a xuntanza, os menores irán as Piscinas descubertas en réxime normal de participación activa na actividade. Ademais, para ofertar unha actividade totalmente acorde ás necesidades das familias, pódese elixir a temporalidade que se desexe (quincena, mes ou a actividade completa) sen compromiso. Os seus prezos están estipulados do vindeiro xeito: A inscrición realízase presencialmente nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno, 13), en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben remitindo un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Para formalizar as inscricións nesta actividade, compre entregar a seguinte documentación:
|