Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A comisión de control que revisará o proceso selectivo para o posto de traballador social do SAAD celebra mañá a súa primeira reunión
A comisión de control que revisará o proceso selectivo para o posto de traballador social do SAAD celebra mañá a súa primeira reunión PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Xuño 2021 15:12

A Casa do Concello de Verín acollerá mañá, ás 10:00 horas, a primeira reunión da comisión de control encargada de revisar o proceso selectivo municipal para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o Servizo Municipal de Dependencia.


Dita comisión, que estará conformada polos sindicatos, será a responsable de realizar unha revisión pormenorizada de todo o proceso selectivo, así como dá a documentación pertinente, e de emitir o ditame correspondente.

O pasado 14/05/2021, tras reunirse a parte sindical e a concelleira delegada, foron aprobadas pola comisión de control as bases específicas de contratación do traballador/a social para o  SAAD. Nas mesmas sinalábase, entre outras cuestións, a data e hora da realización da proba práctica, que se indicaría posteriormente na listaxe de admitidos/excluídos.

Posteriormente, o 21/05/2021 iniciábase por decreto da concellería delegada de Persoal Réxime Interior e Servizos Xerais o proceso de selección para a contratación dun traballador/a social  SAAD conforme aos criterios e requisitos específicos sinalados na devandita resolución. Este decreto foi publicado, como así dita a lei, no Diario La Región e na sede electrónica do  Concello de Verín o día 24/05/2021.

A proba práctica tivo lugar o 03/06/21 ás 17:00 horas. Unha vez terminada polos aspirantes, o tribunal  cualificador procedeu á corrección da mesma e ao outorgamento das puntuacións correspondentes segundo as bases específicas.

Unha vez terminada a corrección, o tribunal procedeu a redactar a acta de valoración do primeiro exercicio para a contratación do citado servizo, que foi asinada por todos os seus membros presentes.

 

 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID 2019

PEID Definitivo

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>