Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín retoma a programación cultural presencial en xullo con dúas sesións de cine ao aire libre, un concerto e unha emotiva homenaxe
Verín retoma a programación cultural presencial en xullo con dúas sesións de cine ao aire libre, un concerto e unha emotiva homenaxe PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Xuño 2021 12:29

 Despois de varios meses con ausencia dunha axenda cultural  por mor da situación sanitaria provocada pola Covid-19, a concellería de Cultura e Festexos do Concello de Verín retoma en xullo a primeira programación Cultural presencial con dúas sesións de cinema ao aire libre, un concerto e unha emotiva homenaxe.


«A partir do mes de xullo, os veciños e veciñas de Verín volverán a gozar dunha atractiva programación de lecer cultural, con propostas para todos os públicos. Tras este parón obrigado, a nosa intención é retomar a nosa axenda presencial apostando sempre pola cultura segura adoptando todas as medidas ditadas polas autoridades sanitarias nos eventos», afirmou a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo.

As entradas para as sesións de cinema estarán dispoñibles, por 5 euros, en www.ataquilla.com mentres que as localidades para o concerto e para a homenaxe serán gratuítas, sendo necesario para este último realizar unha reserva anticipada no propio auditorio.

O sábado 3 de xullo, ás 12:00 horas, o Auditorio Municipal será o escenario dunha homenaxe moi especial organizada pola Biblioteca de Verín. Baixo o nome de “40+1 - Aniversario de Extraños en el escaparate de Jaime Noguerol”, Verín rende homenaxe a esta obra do ilustre verinés, editada por Juan Luís Recio (editorial La Banda de Moebius), e que logo daría paso ao famoso disco de Miguel Ríos. «Le quitaron al futuro su antifaz de cielo», así comeza a obra que ilustra o gran CEESEPE e onde o Noguerol compón a literatura  underground dos oitenta madrileños. A presentación do acto correrá a cargo de Antonino Nieto.

Tamén o sábado, ás 22:30 horas, o aparcamento libre da Preguiza acollerá a primeira das sesións de cinema ao aire libre coa comedia galega Cuñados, opera prima de Toño López que trata sobre as peripecias delituosas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado.

O sábado 10 de xullo, ás 21:00 horas, a Praza García Barbón será o escenario do concerto “The Show Must Go On” interpretado pola Agrupación Musical da Limia, quen farán un percorrido pola historia da música nacional, latina e internacional: Alaska y Dinarama, Queen, Europe, ABBA… Sen deixar de lado as súas orixes, incluíndo temas populares e tradicionais galegos. Ademais, como parte da actuación, realízase unha performance do conxuro da queimada.

Por último, o sábado 17 de xullo, proxectarase na Preguiza – tamén ás 22:30 horas- a película Las Niñas dirixida por Pilar Palomero. Un retrato da xeración das mulleres de hoxe, debuxado a través da educación que recibiron a principios dos 90 en España. Goya á Mellor Película.

 

 

 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>