Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo de Verín aumenta a súa oferta pedagóxica de educación ambiental coa exposición “Emerxencia climática: feitos e datos”
O Museo de Verín aumenta a súa oferta pedagóxica de educación ambiental coa exposición “Emerxencia climática: feitos e datos” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 09 Agosto 2021 10:10

O Museo de Verín acolle ao longo do mes de agosto a exposición “Emerxencia climática: feitos e datos”, unha exposición cedida polo CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia  para achegar información científica contrastada que nos permita argumentar, debater e crear conciencia da necesidade de actuar ante a grave crise climática que estamos a vivir.

A exposición xa foi visitada por diferentes grupos de cativos e cativas das ludotecas da comarca. Durante estas visitas, as novas xeracións amosaron a súa conciencia respecto á necesidade dun cambio e debateron sobre as diferentes opcións para conseguilo, dende as pequenas ás grandes accións.

“Emerxencia climática: feitos e datos”, enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. O obxectivo último da mostra é achegar ao público os aspectos básicos relacionados con este problema ambiental global para favorecer a súa comprensión, xerar procesos de reflexión, e conseguir comportamentos dirixidos á acción para a mitigación e adaptación.

O Museo de Verín reforza con esta iniciativa a súa programación en educación ambiental engadindo valor á estratexia pedagóxica que continua dende a súa apertura e coa que pretenden mellorar as relacións das persoas coa súa contorna. Para iso, traballase a prol de dar a coñecer o valor patrimonial e cultural da comarca de Verín, sempre procurando estimular o coñecemento e a conversa e achegando o debate dos obxectivos da axenda 2030 á realidade diaria da súa veciñanza.

O horario de visitas, como ven sendo habitual, é de mércores a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e domingos de 11.00 a 14.00 horas. Para calquera consulta, os usuarios poden contactar co museo a través da súa páxina de Facebook, do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   ou ben chamando ao teléfono 617963905

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>