Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Os venres de conto” organizados pola Biblioteca de Verín serán ás 20:00 horas
“Os venres de conto” organizados pola Biblioteca de Verín serán ás 20:00 horas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Agosto 2021 11:40

 Segundo confirman desde a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, as actividades organizadas dentro da iniciativa “Venres de Conto” terán lugar ás 20:00, en lugar das 21:00 horas, na rúa Irmans la Salle.

Así pois, este venres pequenos e maiores poderán desfrutar unha hora antes do axendado do espectáculo “EXTRA” de Paco Nogueira baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Próximas actuacións

20 DE AGOSTO |  “ISTO NON É SÓ UNHA CAIXA”. De Sarabela Teatro

Espectáculo de contos e viaxe coa imaxinación con Sarabela Teatro baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

27 DE AGOSTO | “BRINCADEIRA PIRATA” da compañía de teatro infantil Galerna Crúa

Espectáculo de  dinamización con música, teatro e danza da man da compañía de teatro infantil Galerna Crúa.

Estas actividades están enmarcada dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín. Aforo limitado a 30 nenos e nenas.

 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>