O Auditorio de Verín acolle a proxección da curta documental “Os cesteiros de Mondariz” |
|
|
|
Martes, 17 Agosto 2021 10:41 |
Despois da súa exitosa estrea en véspera da Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz, o documental sobre a tradición cesteira da localidade será presentado en varios concellos galegos atravesados por rutas xacobeas. A primeira proxección itinerante fóra de Mondariz será no Concello de Verín o día 20 de agosto, ás 20:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.
A xira de presentación servirá para dar a coñecer a tradición cesteira de Mondariz e promover o intercambio cultural sobre os oficios artesáns desde a memoria pero cunha decidida visión de futuro.
Proxeccións da xira:
- 20 AGO: Concello de Verín
- 27 AGO: Concello de Allariz
- 3 SET: Concello de Arzúa
- 10 SET: Concello de Rianxo
- 17 SET: Concello de Redondela
- 1 OUT: Concello do Porriño
|