Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A mostra “Múltiple” superou as mil visitas
A mostra “Múltiple” superou as mil visitas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Novembro 2021 11:13

 Máis de mil persoas visitaron “Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló”, mostra que acolleu a Sala de Exposicións de Verín até o pasado venres día 5. Nos vinte días nos que a exposición organizada pola Afundación Obra Social ABANCA coa colaboración do Concello de Verín estivo aberta ao público recibiu un total de 1023 visitas.

Múltiple tivo unha especial incidencia no sector educativo. Para alumnado de 4º a 6º de Primaria, 1º a 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato, ofrecíase  unha proposta didáctica con apertura á carta e fóra do horario para o público en xeral. A través desa iniciativa foron 795 as persoas que coñeceron as técnicas do gravado contemporáneo. Un total de 39 aulas do CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España, Colexio Pluirlingüe María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario;  IES Castro de Baronceli, IES García Barbón e IES Xesús Taboada Chivite involucráronse activamente no proxecto didáctico elaborado para esta exposición a proposta do Concello de Verín pola Área de Cultura de Afundación Obra Social ABANCA e executado pola Área de Cultura do Concello de Verín.

Ademais das visitas individualizadas, e tamén dentro do horario para o público en xeral e con proxectos propios como a realización dun gravado inspirado nas obras expostas, visitaron a mostra 79 persoas, divididas en varios grupos organizados pola Escola de Artes e Oficios do Concello de Verín e pola Asociación Morea.

“Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló” exhibía trinta e seis obras dos artistas gravadores máis destacados do século XX español, presentando catro obras de Picasso, dúas de Dalí; creacións de Miró, Tapies ou dos galegos Luís Seoane e Maruja Mallo, entre outras sinaturas de relevo:  Miguel Barceló, Equipo Crónica, Jorge Castillo...

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>