Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Anpa do CMUS de Verín organiza a Gala Musical pola Igualdade “Soamos Iguais: é positivo”
A Anpa do CMUS de Verín organiza a Gala Musical pola Igualdade “Soamos Iguais: é positivo” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Novembro 2021 10:02

 O vindeiro sábado 13 de novembro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a Gala Musical pola Igualdade “Soamos Iguais: é positivo”, organizada pola Anpa do Conservatorio de Música Profesional da vila en colaboración co Concello de Verín. Devandito evento está subvencionado pola consellería de Emprego e Igualdade coa finalidade de promover a igualdade e previr a violencia de xénero neste centro educativo dependente do ente municipal.

Este sábado, a comunidade educativa da música de Verín “Anpa CMUS” abrirá as súas portas a cidadanía organizando un evento multidisciplinar en prol da Igualdade. Como non podería ser de outra maneira, a música será o eixo vertebrador do evento. Nesta ocasión os asistentes poderán desfrutar dun concerto de cuarteto feminino de vento Catro cores que interpretará un divertido e coñecido repertorio de cancións destinado a un público familiar e melómano.

Ademais de música, o acto contará con outras sorpresas. Como  homenaxe a todas esas mulleres visibles -e menos visibles- que adican a súa vida a facer música, o CMUS dedicará unha das súas aulas a artista Guadi Galego, que estará presente na gala para participar na inauguración oficial da mesma.

Por outra banda, a deseñadora gráfica local Aurora López presentará a obra plástica “Sinfonía de igualdade”, que servirá para decorar esta nova «aula pola Igualdade» do CMUS. Baixo o prisma do fomento da Igualdade, esta obra reflexa o esforzo colectivo realizado pola veciñanza desta vila para conseguir ter un conservatorio profesional.

Na gala estarán presentes a secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, así como representantes de diversas entidades sociais e musicais da comarca. Así mesmo, cabe destacar que este evento esta aberto ao público xeral ata completar aforo é de maneira gratuíta.

Para entoar colectivamente a “Sinfonía da igualdade”, a organización agasallará aos asistentes unha  mascarilla violeta xa que este sábado todos e todas «soamos iguais».

As entradas estarán dispoñibles no Auditorio de Verín en horario de 16:00 a 21:00 horas coa seguinte distribución:

  • Martes e mércores: prioridade para os alumnos e familias do Conservatorio de Música de Verín.
  • Xoves e venres: resto do público.
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>