Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da obra “Morgana en Esmelle” de Sarabela Teatro
O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da obra “Morgana en Esmelle” de Sarabela Teatro PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Novembro 2021 09:40

O sábado 27 de  novembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “Morgana en Esmelle” de Sarabela Teatro. Esta produción é unha adaptación da novela de Begoña Caamaño, xornalista e escritora  natural de Vigo que falecía en Santiago de Compostela no ano 2014.


Baixo a dirección de Ángeles Cuña, a obra conta cun reparto actoral de primeiro nivel como: Fina Quella, Sabela Gago, Quico  Cadaval, Elena Seijo, Nate Borrajo, Fernando Dacosta e Laura Míguez.

As entradas xa están dispoñibles en  www.ataquilla.com por 10 euros.

Sinopse

A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na casa Miranda en busca de respostas á súa infelicidade.

En  “Morgana en Esmelle”, Begoña Caamaño reflexiona ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Ademais, fala sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos. Unha novela que reescribe o mito cunha mirada contemporánea.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>