Teatro ‘Os vellos non deben de namorarse’ |
![]() |
![]() |
![]() |
Venres, 06 Novembro 2009 10:05 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 7 de novembro, a partir das 18 horas, a representación gratuíta da obra de teatro ‘Os vellos non deben de namorarse’, a cargo do grupo Alecrín. Este grupo amateur, formado no ano 2008 e composto por 22 membros con idades comprendidas entre os 7 e 68 anos, interpretará esta obra clásica de Alfonso Rodríguez Castelao, na que a tradición popular galega revive coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Esta actuación, que se efectuou con anterioridade nas festas de San Cibrao (Oímbra) en honra a Santa Cruz, está organizada pola Asociación Cultural de Santa Cruz de San Cibrao. |