Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín a tarde do 5 de xaneiro
Os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín a tarde do 5 de xaneiro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Xaneiro 2022 12:58

Mañá, a partir das 18:00 horas, as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello, onde terá lugar unha recepción, con animación audiovisual, na que os menores poderán entregar as súas cartas no buzón real.

Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as rúas do centro de Verín, partindo do barrio de San Lázaro e pasando pola avenida Luís Espada, rúa Deputación, rúa dos Remedios, Avenida de Cabreiroá, Rúa Constitución e avenida de Portugal; para chegar a praza do Concello, onde terá lugar a recepción oficial. Pola seguridade los asistentes non se permitirá o seguimento da cabalgata nin se fará entrega de caramelos durante o percorrido.

Xa na praza do Concello, os nenos e nenas que así o desexen poderán saudar as súas maxestades de oriente, mantendo a distancia de seguridade pertinente, e deixar as súas cartas no buzón real. A recepción realizarase baixo un estrito control de seguridade no Protección Civil e Policía Local velarán polo cumprimento de todas as medidas de prevención  anticovid-19 vixentes.

O acceso á devandita recepción realizarase a través de rúa doutor Pedro González e a saída pola rúa Colón (Edificio de Facenda). Pola seguridade dos participantes, controlarase o aforo da recepción e non se fará entrega de ningún tipo de agasallo.

En caso de inclemencias meteorolóxicas, tan só se manterá a recepción dos Reis Magos na praza do Concello, suspendendo a cabalgata dinámica polas rúas de Verín.

Desde o Concello de Verín faise un chamamento á responsabilidade da cidadanía para que tanto na cabalgata como na recepción manteñan as medidas sanitarias de prevención do dispositivo de seguridade preparado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín e pola Policía Local.


 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>