Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O 93 por cento dos expositores volverían a participar na Feira do Lázaro
O 93 por cento dos expositores volverían a participar na Feira do Lázaro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Abril 2022 13:40

 Esta mañá, o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Hostalería,  Manuel Lorenzo, e a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, realizaron un balance «moi positivo» dos resultados da Feira do Lázaro de Verín celebrada entre os días 1 e 3 de abril no Pavillón Municipal de Deportes. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que os stands enquisados dan un notable de media ás vendas e o 93% por cento dos mesmos volverían a participar no evento.


As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas a feira entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 10, sobre os seguintes asuntos (nota media): a seguridade (9,86), a limpeza (9,58), os stands (9,51), a ubicación (9,31), a animación musical (8,89), a organización xeral (8,68), a promoción e publicidade (7,93) as actividades (7,86) e as ventas (7,37) e o horario (6,82).

Segundo  quixo  salientar Manuel Lourenzo, os resultados das enquisas mostran unha «ampla  satisfacción» entre os expositores enquisados. Exemplo diso é a valoración «máis que positiva» que os stands participantes dan as súas vendas, puntuando unha nota superior a un 7 sobre 10. «En resumo, podemos dicir que a Feira do Lázaro desenvolveuse con normalidade, gran asistencia de público e un resultado notable nas vendas», finalizou Lorenzo.

Pola súa banda, Emilia Somoza tamén se mostrou satisfeita coa ampla participación de veciños e visitantes en todas as actividades culturais programadas durante a fin de semana en Verín. «O Lázaro foi un dos primeiros grandes eventos que tivemos que suspender debido a pandemia e, agora, parece que tamén marca o punto de partida cara a recuperación plena dos nosos grandes festexos, e os seus formatos habituais».


Sorteo da cesta de produtos premio a mellor stand

O domingo, momentos antes de que pechasen definitivamente as portas da Feira do Lázaro, Manuel Lorenzo, deu a coñecer a identidade do gañador do premio á mellor caseta, recaendo este ano no expositor PlaymoRey.

Tamén, tras entregarlles a todas as casetas o seu diploma de participación, procedeuse a realizar o sorteo da cesta de produtos cedidos polos expositores. Finalmente a gañadora foi Keilla Leticia Rodríguez Dos Santos.

Por último, os expositores (Asubío, Baronceli, Alacena, Olaría do Bazán, Queixería Gaia, D.O Monterrei, Mar e Terra Conservas, Darahada, Regueiro da Cova e Soutogal) que durante os dous días da feira realizaron as actividades variadas recibiron como agasallo sendos exemplares do libro "A historia de Verín en 100 obxectos". Os mesmos foron entregados por Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior; Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería; e por María Isabel González Fernández,  concelleira de Comercio do Concello de Verín.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>