Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín proxectará os filmes gañadores dos premios Mestre Mateo
Verín proxectará os filmes gañadores dos premios Mestre Mateo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Abril 2022 11:28

 O Concello de Verín vén de sumarse ao Ciclo Mestre Mateo, un circuíto de cinema galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense,  dirixido a concellos e vilas que desexen incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual.

A  primeira cita será este venres 8 de abril,  ás 19.00 horas,  coa  proxección  do documental O gran   camiño no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín, lugar no que  terán lugar todas as exhibicións programadas no marco desta iniciativa. (Os filmes proxectaranse mensualmente ata novembro, exceptuando os meses de xullo e agosto, sempre con carácter gratuíto).

O Gran Camiño, documental votado polas académicas e académicos como mellor documental dos XX Premios Mestre Mateo, é un filme narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, dous cineastas que deciden cargar as cámaras nas súas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo.

O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta do Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha excusa para unha viaxe máis profunda ao encontro da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacri?cio pola familia, os conflictos sociais, a espiritualidade, o coidado do noso planeta, a conexión coa Pachamama, ou o regreso a un mesmo.

Ciclo Mestre Mateo

A programación do Ciclo Mestre Mateo ofertada está composta polas películas finalistas nos Mestre Mateo, os premios do audiovisual galego, uns galardóns que destacan as obras de maior calidade na produción audiovisual do ano, organizados tamén pola Academia Galega do Audiovisual.


O obxectivos principais da iniciativa son achegar o audiovisual galego aos concellos, vilas e centros galegos do exterior aos que habitualmente non chegan as producións que participan nos Premios Mestre Mateo, facilitar o acceso da cidadanía a unha programación cultural de calidade con produción galega e favorecer o achegamento á nosa cultura e o noso idioma a través do audiovisual.






 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>