Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín albergará un dos maiores museos dedicados á música e á cultura folk de toda Europa
Verín albergará un dos maiores museos dedicados á música e á cultura folk de toda Europa PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Maio 2022 12:07

 Verín está a piques de converterse nun referente internacional da música tradicional do Arco Atlántico europeo, así como da cultura e da difusión do folclore europeo. O Concello prepara a exposición permanente da que posiblemente é a colección privada máis importante de gaitas do mundo, xunto con importante documentación, fondos sonoros e manifestacións artísticas relacionadas, que servirán para crear o Museo Internacional da Gaita.


A importancia histórica da música tradicional, concretamente da gaita, na comarca de Monterrei xa fora estudiada polo musicólogo e director da Real Banda de Gaitas de Ourense Xosé Lois Foxo en numerosas ocasións, dada a abundancia de testemuñas desde a Idade Media, a presencia de gaiteiros no retablo da Igrexa dos Remedios (obxecto hai tres anos da exitosa exposición “Verín, En Clave de gaita” no Museo do Claustro Mercedario) e a actual vocación gaiteira no Val do Támega.

Agora, o Concello de Verín e Xosé Lois Foxo veñen de chegar na vila a un acordo de colaboración para crear o Museo Internacional da Gaita, que sirva para expoñer a colección privada internacional máis importante do mundo de cornamusas e todas as tipoloxías deste instrumento, que reúne os mellores exemplares que se conservan de todos os países do planeta no que está presente esta manifestación musical.

O consistorio e Xosé Lois Foxo ultiman un modelo de cooperación para acoller tan importante fondo -que abrangue os mellores estudos, documentación e gravacións da historia da música folk galega desde que o histórico estudoso Fourier comezase a recompilar as cantigas tradicionais con notación musical- que permita albergar, conservar, difundir e interpretar os centos de pezas que abrangue a colección.

Revitalizar a obra do arquitecto Gulías

Dada a amplitude da colección, que supera con moito as posibilidades do actual  Museo do Claustro Mercedario, espazo que xa recibiu máis de 30.000 visitas en tres anos, o Concello rehabilitará o antigo edificio dos almacenes Recaredo Romero, obra do arquitecto Daniel Vázquez Gulías. O novo espazo suporá a creación do Museo Municipal de Verín propiamente dito, e aproveitará as magníficas condicións expositivas do antigo comercio téxtil verinés, revitalizando unha das mellores construcións do arquitecto que tamén fixo, en Verín, o Balneario de Cabreiroá ou o da Illa de A Toxa.

O ambicioso proxecto, que procurará a financiación europea dos Fondos Next Generation,  complementará o Museo Internacional da Gaita con espazos e fondos culturais adicados á divulgación da riqueza patrimonial e medioambiental da comarca de Monterrei, e á captación de recursos turísticos sostibles (obxecto de gran parte das convocatorias dos novos fondos europeos) que aporten recursos á economía local.

O novo espazo do Museo Municipal de Verín sumarase ao proxecto de apertura de espazos da Parroquia de Santa María a Maior como elemento dinamizador do casco vello verinés, ao articular no entorno da Rúa Maior e da Praza de García Barbón un potente atractor de público, que no caso do colección de gaitas atraerá a numerosos visitantes internacionais. O edificio conta cunha conexión coa Rúa Maior, que o Concello habilitará para posibilitar, así mesmo, adicar o espazo central -patio- para concertos e a antiga adega para ampliar as instalacións museísticas de divulgación dos viños de Monterrei do Museo do Claustro Mercedario.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>