Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acollerá os días 27, 28 e 29 de maio o seu primeiro Festival de Percusión
Verín acollerá os días 27, 28 e 29 de maio o seu primeiro Festival de Percusión PDF Imprimir Correo-e
Luns, 23 Maio 2022 13:11

 Verín acollerá, os días 27, 28 e 29 de maio, a primeira edición do Festival de  Percusión “Vibra Verín”, organizado polo Conservatorio Profesional de  Musica do Concello de Verín e o Anpa deste centro formativo. Serán tres días nos que, ademais de actuacións abertas ao público, o alumnado dos CMUS participantes reunirase para actuar, asistir a obradoiros e concertos, e coñecer a outros percusionistas de renome.

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial do evento na que participaron Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín; Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos; Miguel Ángel Guerra, director e profesor de clarinete do CMUS; Pablo Paz, secretario e profesor de percusión do CMUS: e Carmen Sola e Javier Castrillo, tesoureira e vicepresidente da Anpa do conservatorio (respectivamente).

Diego Lourenzo quixo agradecer o «gran traballo» realizado polo Conservatorio así como o «papel activo e dinamizador» realizado pola súa Anpa en prol da música. Tamén destacou a importancia que ten o conservatorio do  Concello de Verín como epicentro Cultural e Musical da vila.  «Desde o grupo de goberno sempre estamos abertos a apoiar formas, como é o caso deste festival, de achegar e visibilizar a nosa cidadanía o excelente traballo que realizan o profesionais responsables deste centro de ensino musical».

«Queremos ter un CMUS de primeira calidade», explicou Carmen Sola, tesoureira da Anpa do conservatorio, «é por iso que Javier e mais eu, pese a ser novos na directiva da Anpa, traballaremos duro para dar continuidade ao extraordinario traballo realizado ata o de agora polos anteriores responsables da asociación de nais e pais do conservatorio».

«A mellor maneira de espertar entre o noso alumnado esa faísca que sentimos os músicos pola música é tocando», salientou Pablo Paz, «facendo concertos e creando puntos de encontro, como este festival, nos que posibilitamos o encontro dos alumnos e alumnas con profesores invitados, así como con diferentes estilos musicais.»

Segundo concretou Paz, o festival ten principalmente dous grandes obxectivos: por unha banda, promocionar entre a cidadanía a disciplina da percusión a través de actuacións e talleres abertos ao público xeral e, por outra, xerar un punto de encontro formativo entre estudantes e profesores de diversos lugares coa finalidade de enriquecer a súa formación.

O festival arrinca o venres 27 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín, cun concerto  compartido, aberto ao público, no que participará o grupo de percusión e o ensemble de clarinetes do CMUS de Verín; e o grupo de percusión de Ribadavia.

A mañá do sábado 28 de maio, ás 10:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Verín un curso de percusión africana, enfocado ao alumnado, impartido por Andrés Rivero, uns dos referentes da percusión africana e  brasileira en Galicia. Posteriormente, as 13:00 horas, os alumnos e alumnas participantes farán unha exhibición aberta o público na Praza Maior.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas, celebrarase no Auditorio Municipal de Verín unha Master Class de Percusión, da man de Van3uard Percusión, un importante trío de percusión procedente de Andalucía que  aposta  pola creatividade e  pola  vangarda  nas  súas propostas, utilizando como vehículo ou infinidade de posibilidades que a familia dá percusión ofrece. Ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal, poderemos desfrutar dun concerto aberto ao público xeral deste fenomenal grupo. Todos os concertos serán de entrada gratuíta ata completar aforo.

O  domingo 29 de maio, a as11:00 horas terá lugar  un  obradoiro de Iniciación á  batucada aberto a todo o público. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no mail:   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Para finalizar, a praza maior acollerá, ás 13:00 horas, unha exhibición de  percusión  brasileira  (batucada).

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>