Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Última’ de Fernando Barreira
‘Última’ de Fernando Barreira PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Novembro 2009 14:33

Desde o 14 ao 28 de novembro a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición ‘Última’, do artista verinense Fernando Barreira.

Esta mostra, que conclúe un ciclo creativo do autor de case tres décadas, recolle unha trintena de obras en óleo, debuxo, bronce e collage. Ademais, ‘Última’ conforma un homenaxe ao seu pai e a Verín, e constitúe o prólogo da exposición ‘Con secuencias’, de óleos e instalacións, que dentro de catro meses ocupará as salas do Museo Municipal de Ourense.

O pintor Fernando Barreira Mateo (Verín, 1964), realizou e participou en numerosas exposicións individuais e colectivas en salas de Mallorca, Ourense, Vigo, Madrid, Málaga, A Coruña, León, Porto (Portugal) ou Milán (Italia), entre outras.

A mostra poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>