Mañá xoves 26 de maio o Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o Campamento Urbano “Támega” actividade destinada a menores de 11 a 14 anos, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Este servizo de conciliación familiar, que busca cubrir o tempo vacacional dos cativos e cativas, comezará o 27 de xuño e finalizará o 7 de setembro. Estará dispoñible de luns a venres, con variedade de horarios, con distribución por idades e contratación de persoal cualificado fomentando o emprego xuvenil (dous monitores e monitoras de tempo de lecer, ademais de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.) Ao igual que estes pasados anos ofertaranse un amplo abano de horarios e prezos:
HORARIO DE 9:30 A 14:00 HORAS
|
EMPADROADOS
|
NON EMPADROADOS
|
SERVIZO COMPLETO
|
133
|
163
|
METADE SERVIZO
|
67
|
97
|
QUINCENA
|
55
|
85
|
SEMANA
|
25
|
55
|
DÍAS SOLTOS
|
7
|
12
|
O Campamento Urbano destinado a menores de 11 a 14 anos realizarase nas dependencias municipais Pavillón da Granxa e do Pavillón de Deportes.
Algunhas das actividades a realizar son acampadas nocturnas, rutas de sendeirismo, xogos olímpicos, xogos tradicionais, piscina, piragüismo, obradoiros de pintura, saídas ao río, skatepark, bicicletada, rutas de sendeirismo para coñecer, desfrutar e aprender da diversidade e patrimonio de Verín e comarca, xymcanas por Verín, actividades en igualdade, torneo de ping-pong, recuperación da excursión a Natur Water park, bailes tic toc e un senfín de xogos variados: xogos de pista, atrapa a bandeira, carreiras de obstáculos, bombas de auga, balón prisioneiro, macedonia, o grito da selva, festival de cinema infantil, etc.
As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), en horario de 8:30 a 14:30 horas. Preferencia para pais/nais que teñan que conciliar vida laboral e familiar e famílias monoparentais por orde de inscrición e pago ata cubrir prazas. Para máis información contactar no 988-414776.
|