Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Galician Freaky Film Festival sorprenderá coas súas propostas gamberras e arriscadas aos habitantes de Verín en setembro
O Galician Freaky Film Festival sorprenderá coas súas propostas gamberras e arriscadas aos habitantes de Verín en setembro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Xuño 2022 10:01

 Cada vez falta menos tempo para que chegue unha nova edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV. E, coa deste ano 2022, son xa sete as convocatorias consecutivas dun certame que pouco a pouco se foi consolidando na axenda cultural, de ocio e de lecer da vila. Este ano, o festival convidado polo FIC será o Galician Freaky Film Festival, un certame moi singular cuxas obras máis representativas correspondentes a edicións anteriores poderán visionarse en Verín.

O director do Galician Freaky Film Festival, Juan de Castro, destaca que o certame organizado por Abella Producións naceu hai seis anos como unha mostra “de pezas de xénero underground, de vangarda e fantásticas feitas en Galicia”, pero aclara que “ano tras ano fomos ampliando e consolidando o festival cunha sección oficial máis potente”.

Nos últimos anos, prosegue De Castro, “contamos cunha trintena de estreas oficiais do xénero fantástico en Galicia”.

Humor salvaxe

O que define ao Galician Freaky Film Festival, segundo o seu director, é o seu carácter gamberro, con filmes que buscan sorprender e xogan co abraiante e co humor máis salvaxe. De Castro amósase agradecido coa organización do FIC Vía XIV pola oportunidade de poder exhibir en Verín algúns dos filmes programados ao longo da historia deste festival e en participar nun coloquio co público. “O nivel de festivais que hai en Galicia fai que entre os festivais da nosa comunidade haxa moita xenerosidade e ganas de compartir mostras e de transmitir outras liñas editoriais”.

Para Carlos Montero, director do FIC Vía XIV de Verín, “convidar ao Galician Freaky Film Festival a exhibir as súas obras en Verín supón tender pontes a outros formatos e a un certame moi singular que se caracteriza por unha imaxe exterior e por un ambiente particularmente orixinal dentro dos festivais cinematográficos galegos”.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>