Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A biblioteca de Verín, un ano máis entre as mellores de España
A biblioteca de Verín, un ano máis entre as mellores de España PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Xullo 2022 13:35

A biblioteca municipal de Verín ven de recibir o premio María Moliner de proxectos de animación á lectura en concellos de menos de 50.000 habitantes. O proxecto “Voluntariado Cultural: Rapaces/as que prestan o seu tempo para fomentar a lectura” conseguiu unha das 10 puntuacións máis altas de todo o país nos galardóns, organizados polo Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).




Verín leva anos colocándose entre os primeiros postos deste concurso ao que, nesta ocasión, se presentaron 547 proxectos de toda España, resultando premiados un total de 370. Nesta ocasión, o premio inclúe unha cantidade de 2777,77 euros, cartos que irán destinados, como noutras ocasións, a mellorar aínda máis o servizo e as instalacións da biblioteca municipal: compra de material, libros, etc.

Desde a biblioteca municipal explicaron que Verín “podería ter acadado unha vez máis o galardón especial ás dez mellores, mais as bases exclúen aos gañadores de anos anteriores de volver a levar a cantidade máis alta”.

Pola súa banda, o concello quixo felicitar ao equipo de profesionais da biblioteca municipal polo seu «excelente labor e traballo», que volve ser unha vez máis recoñecido. «Un auténtico orgullo para os e as verineses», celebra Emilia Somoza.

Proxecto de Voluntariado Cultural

O proxecto xurdiu hai trece anos e converteu á biblioteca nun referente cultural para a localidade. Realízase actividades moi variadas, desde conferencias e exposicións ata o lúdico “bibliopiscina” no verán, e todo da man de voluntarios. Destaca tamén o afán de integración social e a colaboración con Portugal.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>