O Concello de Verín expresa as súas condolencias polo falecemento de Don Jorge Sulleiro Martínez, o que fora párroco de Verín entre os anos 1960 e 2012 |
Mércores, 10 Agosto 2022 13:10 |
O alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, quere trasladar o seu pesar polo recente falecemento de Jorge Sulleiro Martínez, aos 94 anos de idade.
Don Jorge, como popularmente se lle coñecía na vila, foi o párroco en Verín entre os anos 1960 e 2012. O noso máis sentido pésame tanto a familiares e amigos como aos seus compañeiros da Diocese. Descanse en paz.
|