Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O pleno de Verín acorda por unanimidade solicitar a declaración de zona catastrófica polos danos provocados polos recentes incendios
O pleno de Verín acorda por unanimidade solicitar a declaración de zona catastrófica polos danos provocados polos recentes incendios PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Agosto 2022 12:59

 O pleno do Concello de Verín acordou hoxe por unanimidade activar o protocolo para que, tras o incendios acontecido a semana pasada, se activen os pasos necesarios para a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil. O obxectivo da proposta é que se habiliten as liñas de axudas e subvencións estatais pertinentes para recuperar o territorio afectado polos incendios.

O Concello de Verín toma esta decisión tras analizar os danos persoais e materiais derivados dos incendios forestais declarados o pasado 3 de agosto de 2022 (denominado IFVerínVerín) e o 18 de xullo de 2022 (denominado IFRabalOimbra).

O primeiro iniciouse con máis de 10 focos -o que apunta a unha clara intencionalidade-  e aos poucos minutos avanzou con gran virulencia cara a diferentes diferentes puntos da vila (núcleo urbano  e parroquias de Cabreiroá, Ábedes, Queirugás, Vilamaior, O Salgueiro, Caldeliñas, A Rasela e Tintores), xerando importantes danos materiais e obrigado chegando a decretar a situación 2 de emerxencia como medida preventiva ante a proximidade do lume ás casas. O segundo, entrou pola fronteira de Portugal o día 18 de xullo de 2022 con afectación no noso Concello na parroquia de de Mandín provocando importantes danos materiais. A suma total de hectáreas afectadas no cómputo global é de 1931.

Devandito documento aprobado contempla realizar as actuacións necesarias para solicitar ao Estado que aprobe no Consello de Ministros a declaración de zona afectada gravemente por emerxencia de Protección Civil (antigo estado de emerxencia), coa finalidade de solicitar as liñas de axuda previstas nesa Lei 17/2015, de 9 de Xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil.

No escrito, a corporación municipal tamén quixo agradecer unha vez máis a todos os profesionais e voluntarios que participaron na extinción do incendio, o seu gran traballo, e rápida  resposta. «Sen dúbida, grazas a todos eles evitouse que o desastre fose moito maior».

Outros asuntos do pleno

Ademais, o pleno ordinario tratou na súa orde do día outros asuntos, quedando aprobado definitivamente tamén o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do Complexo Balneario- Asistencial de Caldeliñas, por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular.

Por outra banda, foi ratificado na sesión plenaria, por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, o convenio anual coa Asociación Vía XIV para a realización da VII Edición do Festival Internacional de Curtametraxes outorgando unha cooperación financeira municipal por importe de 40.000 euros.

Tamén se aprobou, por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, solicitar o inicio do procedemento relativo á cesión do tramo urbano que discorre polo termo municipal do Concello de Verín, da seguinte vía de titularidade da Deputación: OU-1021 Verín (N525), dende o Pk 0 ao punto quilométrico 0,536.

Por último fixáronse no pleno, por unanimidade, os días festivos para o ano 2023 sendo finalmente o 17 de xaneiro (San Antón) e o 22 de febreiro (mércores de cinza).

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>