Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas As axudas por zona catastrófica son concedidas a Verín polos incendios de xullo e agosto de 2022
As axudas por zona catastrófica son concedidas a Verín polos incendios de xullo e agosto de 2022 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Agosto 2022 07:33

O Consello de Ministros aprobou a concesión de axudas a Verín polos danos provocados polos incendios forestais de xullo e agosto de 2022. O concello solicitara ao Ministerio do Interior a declaración de Zona Afectada Gravemente por Emerxencias de Protección Civil (zona catastrófica) no municipio. A declaración esta á espera de ser aprobada, mais o Ministerio do Interior conta cun procedemento rápido para casos de emerxencia coma este, mediante o cal as axudas chegan de xeito máis urxente.


Segundo a carta do ministerio recibida polo concello, dito procedemento axilizado para a concesión de subvencións xa está en marcha. O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte do fin catástrofe, cun periodo máximo dun mes a partir desde día. Os solicitantes poderán facelo en condición de particulares, unidades familiares, empresas e comunidades de veciños.

As solicitudes serán presentadas de maneira online a través do enderezo electrónico do Ministerio del Interior. No caso de ser os solicitantes particulares, poderán tamén pedir as axudas de xeito físico en papel mediante un documento que o Concello de Verín porá a disposición dos cidadáns. Deberá ser cumprimentado e enviado a través do rexistro da Subdelegación do Goberno ou do propio concello.

Tamén o Concello de Verín, segundo a lei reguladora deste tipo de axudas e emerxencias, poderá acollerse como entidade a subvencións para a recuperación dos danos.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>