Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os cativos e cativas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despiden o verán con dúas semanas ateigadas de actividades
Os cativos e cativas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despiden o verán con dúas semanas ateigadas de actividades PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Agosto 2022 14:35

  A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín programan unha serie de xornadas ateigadas de actividades para dar remate a un verán que os pequenos despedirán por todo o alto.


Despois de visitar nesta semana a exposición de Roberto Verino, os nenos e nenas do Campamento Urbano teñen a axenda moi apretada estes días. O 29 de agosto realizarán manualidades fabricando un suxeta móbiles eles mesmos. Un día despois, o 30, participarán nunha actividade coa Cruz Vermella na que traballarán varios temas relacionados coa saúde de maneira lúdica (primeiros auxilios, alimentación, hixiene, etc). Incluso poderán facer de médicos por un día (co seu estetoscopio e o seu malentín). O ultimo día de agosto será moi movido realizando piragüismo





O día 1 de setembro haberá colchonetas e acampada nocturna, e o día 2 participarán nunha das actividades paralelas ao Festival de Curtas Vía XIV: a chamada Sopa Cómica (unha selección de curtas para achegar aos rapaces ao cinema). Na xornada do 5 setembro descubrirán diversos xogos tradicionais e realizarán un taller de cociña. Ao día seguinte, o 6, percorrerán en bicicleta a vila e seguirán a ribeira do Támega ata a Pousa. O último día, o 7 de setembro, terá lugar unha divertida Festa Rock and roll para despedir o verán.


Tamén os máis novos


Pola súa parte, os cativos e cativas da Ludoteca construirán o día 29 de agosto un rap sobre a desigualdade. O día seguinte, o 30 de agosto, asistirán a un contacontos e farán manualidades pola igualdade na Biblioteca de Verín. A actividade, dirixida pola voluntaria Ana García Nova, en coordinación coa Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín chamarase "Unha de Piratas". Este conxunto de accións teñen por obxectivo inculcar a conciencia de igualdade e sensibilizar aos máis pequenos e pequenas a través da lectura.


O 1 de setembro participarán, igual que os rapaces do Campamento Urbano, na actividade “Sopa Cómica”, visualizando curtas e achegándose ao cinema. O día 2 divertiranse con colchonetas e unha festa escuma mentres que o 5 moveranse imitando os bailes máis virais do Tik tok. Ao día seguinte, o 6, realizarán unha lúdica visita ás instalacións de Protección Civil e Bombeiros. Para rematar, coincidirán cos pequenos do campamento urbano de novo na Festa Rock and Roll para despedir o verán por todo o alto.

Un servizo imprescindible


Un total de 267 menores ocuparon as súas vacacións de verán deste ano asistindo a estas actividades nas que o ocio e a diversión van da man. Diariamente a programación estivo pensada para fomentar a vida saudable, o deporte, a cultura e a curiosidades entre os máis cativos. Xogar aprendendo e gañando valores grazas a actividades como acampadas, obradoiros, excursións, exposicións e celebracións de festexos como San Fermín, o día de Galicia ou a Batucada. Estas actividades veñen organizadas dende a área de Mocidade do Concello de Verín. A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano son dous proxectos destinados a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores con idades comprendidas entre os 3 e 10 e entre 11 e 14 anos, respectivamente.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>