Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín organiza unha andaina nocturna ata Os Milagros
Verín organiza unha andaina nocturna ata Os Milagros PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Agosto 2022 11:38

O Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas preparan unha andaina para a vindeira noite do 3 ao 4 de setembro.

Os camiñantes chegarán ata o Santuario dos Milagros subindo o alto das Estivadas. O percorrido sairá desde a Casa do Escudo ás 21:00 horas, confirmaron o concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a responsable da Asociación de sendeiristas, Amaya Álvarez.

A andaina ten un prezo de 5 € e para a volta habilitarase un autobús con prazas limitadas. Pola seguridade dos camiñantes, será conveniente levar un chaleco reflectante e unha lanterna. Todos os participantes terán de agasallo unha camiseta de recordo ademais das provisións e dos servizos necesarios durante o camiño.




Todas as persoas interesadas en participar poderanse inscribir vía WhatsApp no teléfono 600410018.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>