Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A VII edición do FIC Vía XIV arrinca cunha actividade que combina música e cinema
A VII edición do FIC Vía XIV arrinca cunha actividade que combina música e cinema PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Agosto 2022 08:24

Os seguidores e seguidoras do FIC Vía XIV de Verín saben que un dos eixes fundamentais que ten abordado o certame ao longo das súas diferentes edicións é a relación tan estreita que une música e cinema. Neste sentido, en cada un dos festivais celebrados ata o momento desenvolveuse algunha actividade paralela que exploraba a relación entre estas dúas disciplinas.

“Este ano, quixemos enfocar o propio acto de inauguración do certame pondo en valor esta unión de música e imaxe e por iso contamos co trío Caspervek para musicalizar o filme The cameraman, de Buster Keaton, que data de 1928”, sinalou Carlos Montero, director do FIC Vía XIV ao respecto do acto inaugural da VII edición do FIC que tivo lugar esta tarde en Verín.

Coma novidade con respecto a outros anos, o acto inaugural foi máis breve e desenvolveuse “no corazón da vila, en plena Praza Maior de Verín”, tal e como salientou Montero. “Deste xeito, téntase involucrar máis directamente aos verineses e verinesas na posta en marcha dun certame que se vén consolidando como un dos eixos fundamentais da axenda cultural anual do municipio”, abondou o director do FIC.

En representación do Concello de Verín participou no acto inaugural Emilia Somoza, responsable de Cultura. Este ano, a inauguración do festival discorreu dun xeito diferente e incluíu unha breve representación teatral na que a propia concelleira inseriu o seu discurso institucional. Un representante do público e membro do equipo do FIC, Armando Silveira, interpretou a un director de cinema que interpelaba á concelleira dándolle instrucións sobre como tiña que abordar o seu discurso e facendo crer aos presentes que se atopaban no Festival de Berlín, en lugar de na Verinale (Festival de Verín).

Emilia Somoza, na súa intervención, valorou o FIC Vía XIV de Verín como unha gran “festa do cinema”, que cada ano “se está assentando máis nas nosas vidas” e detallou aos presentes os principais apartados da programación deste ano do certame.

The cameraman

O filme The cameraman de Buster Keaton é considerado como unha das mellores películas de cinema mudo da historia. Narra a historia dun fotógrafo de rúa que se namora dunha muller chamada Sally, que traballa como secretaria nun noticieiro cinematográfico. No ano 2005, a cinta foi selecionada para formar parte da National Film Registry, nos Estados Unidos, un arquivo cinematográfico que se dedica a conservar películas de alto valor cultural e histórico.

Caspervek Trío está formado polo pianista Brais González, o percusionista Blas Castañer e a violinista Raquel Fernández. O aceno de identidade do grupo foi sempre o do respecto polas películas que musicalizan. Empregando elementos do jazz clásico, a música contemporánea, o folk ou a electrónica, esta paleta musical é para Caspervek unha ferramenta para construir un espazo performativo propio, onde a percepción sensorial ten un papel fundamental.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>