Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC VÍA XIV finaliza a súa VII edición consolidando verín no mapa galego de fesivais cinematográficos
O FIC VÍA XIV finaliza a súa VII edición consolidando verín no mapa galego de fesivais cinematográficos PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 04 Setembro 2022 21:36

 O pano da VII edición do FIC Vía XIV de Verín caeu esta noite tras un gala de clausura, conducida pola xornalista local Esther Estévez, na que se deron a coñecer as curtas gañadoras desta edición do certame. “Un festival que conseguiu consolidar Verín no mapa galego de festivais cinematográficos, pois atópase plenamente integrado na rede autonómica de certames do sector”, sinalou durante a gala Carlos Montero, director do FIC.

O responsable do festival quixo dar as grazas especialmente ao Concello de Verín polo seu respaldo ao festival, do que é principal entidade patrocinadora. O foro conta tamén co apoio da Deputación Provincial de Ourense e, tal e como salientou Montero na gala de clausura, cada vez son máis as entidades privadas que o apoian. “De feito, este ano aproximadamente un 35% do noso financiamento partiu do sector privado”, sinalou Montero.

Gran apoio popular

O director do Festival tamén puxo en valor a completa axenda de actividades paralelas desenvolvidas durante toda a semana, entre outros espazos na Zona Roombo, que contaron cun gran apoio popular. Ademais, este ano a gala inaugural do certame tivo lugar “en pleno corazón da vila” para achegar máis o festival “a todos os verineses e verinesas”.

Pero se nalgo se ten convertido o FIC Vía XIV de Verín ao logo das súas sete edicións é en plataforma impulsora do talento local audiovisual. O Festival, este ano, creou 60 empresgos, principalmente locais e cualificados relacionados co audiovisual, tal e como puxo en valor Carlos Montero.

“Xogamos xa na liga adulta e adultos tamén se teñen ido facendo moitos dos mozos e mozas que comezaron a súa andaina profesional como voluntarios neste festival. Moitos deles hoxe convertidos xa en referentes do noso eido audiovisual. O noso festival crea canteira e estamos moi orgullosos disto”, engadiu Montero.

“Por iso, quixemos que este ano presentara esta gala final de clausura do FIC a xornalista local Esther Estévez, condutora do exitoso espazo da Televisión de Galicia Dígocho eu, natural da nosa zona e que hai algúns anos xa traballou como voluntario na equipa de comunicación do festival”, abondou. De feito, a presentadora recibiu a homenaxe do equipo organizador do FIC durante a gala de clausura celebrada hoxe, na que tamén participaron o resto de membros da directiva do festival, Jorge Máximo Godás Limia -responsable de Creatividade Multimedia- e Alejandro Nieves- responsable de Produción.

Verín, una “illa cultural”

Durante a súa intervención no acto, o tenente alcalde de Verín, Diego Lourenzo, referiuse á vila do Támega como unha “illa cultural” no sur de Galicia “con produtos coma este FIC Vía XIV que se consolidan como un referente de creatividade”. Xunto a isto, o representante municipal asegurou que “a comarca de Verín concentra nos últimos anos a maior actividade das industrias culturais do sur da provincia de Ourense, por participación, por extensión xeográfica da súa comarca e por calidade e cantidade dos seus contidos”.

Curtas gañadoras

No decurso do acto de clausura, déronse a coñecer tamén as curtas gañadoras dentro de cada unha das categorias do certame. Así, dentro da categoria Nova, patrocinada pola Fundación Dentalnova, o traballo gañador foi The last day of patriarchy, dirixido por Olmo Omerzu, unha coprodución entre a República Checa, Eslovenia e Francia.Nesta mesma categoria, o xurado -conformado por Manolo Torrente, Elena García e Nora Sola- concedeu unha mención especial ao filme Caballo de espuma, do español Juan Rueda.

Na categoria Horizontes gañou Vol de nuit, unha curta de 26 minutos de duración de orixe belga e dirixida por Kenan Görgun. E na categoria A Raia, patrocinada pola Eurocidade Chaves-Verín, foi merecente do premio a curta O teu nome é, un traballo con selo portugués dirixido por Paulo Patrício.

Finalmente, o Premio Especial do Público recaeu no traballo Rompente do director ligado a Verín Eloy Domínguez Senén.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>