Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os mellores escaparates de cinema de Verín, premiados nunha iniciativa conxunta promovida polo FIC Vía XIV e AEVER
Os mellores escaparates de cinema de Verín, premiados nunha iniciativa conxunta promovida polo FIC Vía XIV e AEVER PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Setembro 2022 12:22

Ao igual que en anos anteriores, a celebración do Festival de Curtas de Verín trouxo consigo unha serie de iniciativas destinadas a promover o desenvolvemento económico e comercial da vila durante a semana do certame. Neste marco, a Asociación Cultural Vía XIV e AEVER convocaron o concurso “Escaparates de cine”, no que participaron seis negocios locais, que engalaron as súas vitrinas e os seus espazos interiores con motivos relacionados coa sétima arte.

Esta mañá, coñecéronse os resultados deste concurso, que distinguiu en primeiro lugar a Asubío Tenda, con oito votos. No segundo posto, clasificouse Noisiness Verín, con sete votos, e a terceira posición foi para Santiveri Verín-Xinzo, que obtivo cinco votos do xurado. Estes establecementos recibiron cadanseu premio de 150, 75 e 50 euros respectivamente.

Agradecemento

O director do FIC Vía XIV de Verín, Carlos Montero, quixo agradecer a implicación de todos os negocios e comercios que participaron na iniciativa e, “moi particularmente a AEVER por continuar apoiando o noso festival e impulsando actividades relacionadas co cinema durante a semana do FIC tal e como foi a actividade Sopa Cómica dirixida a fomentar que a cativada de Verín e comarca se familiarizase co cinema”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>