Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Sala de exposicións do Concello de Verín acolle a mostra "Alfonso Sola & Rivada -Fronte ás fronteiras"
A Sala de exposicións do Concello de Verín acolle a mostra "Alfonso Sola & Rivada -Fronte ás fronteiras" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Setembro 2022 17:44

 Mañá venres 9 de setembro, ás 20:30 horas, terá lugar na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín a inauguración oficial da Exposición "Alfonso Sola & Rivada - Fronte ás fronteiras".


RIVADA :

Expón obras creadas nos últimos meses que incluén pintura, esculto_pintura é escultura. Un traballo de investigación que na escultura desenvólvese con materiais moi heterogéneos como o mármol, o aceiro ou rocha negra e no campo pictórico desplega unha ampla paleta de texturas mediante técnicas con barnices, telas e materiais sintéticos de última xenerazón.

O linguaxe artístico de Rivada mestura con maestría, os achadegos que resultan da experimentación en procesos técnicos, cunha sensibilidade poética que o conecta coa tradición expresiva da arte galega e universal.


A obra de Rivada preséntase en diversos formatos: pequen as pezas escultóricas que se confrontan coa rotunda presenzas da máis reciente creación, O Cigarrón Transxénico.


SOLA

Por a sua parte, Alfonso Sola presenta unha selección de obras realizadas nos últimos 3 anos. Obra pictórica que se presenta como unha investigación sobre as linguaxes da pintura con explícitas referencias a renovadores destas linguaxes como Picasso ou Vangogh.


Entre as obras e pistas, cabe destacar a serie Asalto aos Tres Reynos,  realizada con ferramentas de Inteligencia Artificial, e procesado dixital.


Pódese afirmar que é a primeira vez que un artista expón en España unha obra realizada mediante Inteligencia Artificial.

O emprego de materiais clásicos como o lienzo e o óleo pónse en diálogo con estas novas ferramentas que cuestionan o concepto de autoria e abren interrogantes sobre o futuro da arte.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>