Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de 2.000 persoas participaron nas diferentes actividades propostas no marco do VII Festival de Curtas de Verín
Máis de 2.000 persoas participaron nas diferentes actividades propostas no marco do VII Festival de Curtas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Setembro 2022 11:58

 Máis de 2.000 persoas participaron nas diferentes actividades propostas no marco do VII Festival de Curtas de Verín, que se desenvolveu a semana pasada na vila do Támega. Unhas 1.700 fixérono de forma presencial e a máis de 300 chegouse vía streaming. “Esta cifra converte á edición de 2022 nunha das de maior afluencia da historia do certame, tendo en conta que a duración do mesmo se reduciu nalguns días en relación a anos anteriores”, sinala Carlos Montero, director do festival.


Xunto a isto, destaca que moi exitosas foron as actividades desenvolvidas ao abeiro da Zona Roombo, habilitada no exterior do Auditorio tras un acordo de colaboración entre a empresa local que lle dá nome e a Asociación Cultural Vía XIV. De feito, dúas das actividades enmarcadas neste espazo, as catas de viños da D.O. Monterrei e de cervexas artesás, completaron na súa totalidade o seu aforo, e os concertos e actuacións musicais tamén rexistraron un elevado número de espectadores.

Precisamente, a Zona Roombo permitiu ao FIC Verín recuperar a súa esencia inicial de constituirse nun gran contedor cultural propoñendo diversas actividades ao longo de toda a semana en Verín. “O cambio de rumbo do noso certame, efectuado coa habilitación deste espazo, revelouse moi exitoso”, confirma Carlos Montero.


Implicación dos axentes socioeconómicos

O director do FIC tamén se amosa moi satisfeito coa implicación dos diferentes axentes socioeconómicos da localidade no discorrer desta edición do festival, “en especial co respaldo obtido por parte de comerciantes e hostaleiros”. Ademais, agradeceu o “apoio incondicional” ao evento que presta o Concello de Verín.

Particularmente exitosas, no marco das actividades paralelas propostas pola propia organización do FIC, foron os pases do documental Mauthausen, regreso ao campo da morte, exhibido o sábado 3, e o evento “Entroido, outras miradas”, que se desenvolveu na xornada do día 1 de setembro, e que convocaron a máis de 100 persoas cada unha. En canto á actividade “Sopa Cómica”, dirixida á cativada por parte da narradora oral Raquel Queizás, congregou en total a 230 nenos e nenas de Verín e comarca.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>