Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín pon en marcha un curso de iniciación ao tenis en colaboración co IES Xesús Taboada Chivite
O Concello de Verín pon en marcha un curso de iniciación ao tenis en colaboración co IES Xesús Taboada Chivite PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 15 Outubro 2022 10:01

Desde a área de Deportes do Concello de Verín ponse en marcha, en colaboración co IES Taboada Chivite, un Curso de Iniciación ao Tenis, enfocado a mozos de ata 18 anos, coa finalidade de achegar este deporte tan completo aos máis pequenos.


O obxectivo da iniciativa é que os participantes adquiran as bases técnicas necesarias para poder xogar  ao tenis, pero tamén fomentar a súa práctica deportiva a través deste deporte.

O curso estará dirixido polo monitor Aurelio Ferro e as clases realizaranse no Pavillón multiusos do IES Taboada Chivite, de luns a venres (a partir das 16.30 horas, a convir). As prazas son limitadas e atenderase por orde de inscrición.

A inscrición, de carácter gratuíto, pode realizase a través do teléfono 653 281 186 (Aurelio Ferro), no propio Pavillón central de Deportes ou na páxina web da Federación Galega de Tenis.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>